Acompañado dunha maleta estampada con flores chegou Carlos Negro ao noso instituto. Nela traía dende un pano rosa a unha Barbie. Tampouco faltaban caderniños de notas, revistas ou debuxos. Todo isto conforma Penúltimas tendencias, un poemario que racha esquemas.
Nun encontro co alumnado de 2º de ESO e organizado conxuntamente coa Biblioteca, o autor dialogou sobre a poesía e botou unha ollada sobre os modelos de beleza e de conduta que imperan na sociedade.
O libro é unha crítica á reprodución de roles tradicionais que manteñen as mulleres presas de instrumentos de control como o imaxinario do amor romántico.
O poemario fálanos dunha rapaza que quere ser ela mesma, alguén auténtico, que pensa, que loita contra a manipulación social do fashion, cool, chic e sexy. Non lle gusta este universo que fere sen compaixón, pois ela quere ser, por riba de todo, persoa.
Obradoiro de poesía con Carlos Negro from ENDL Poio on Vimeo.



