xoves, 23 de xaneiro de 2014

Bica en Galego



Achégase unha data sinalada como ideal para amosar os nosos sentimentos a aqueles que máis queremos. E nesta ocasión, por que non facelo en galego?
Por iso queremos desde o ENDL e a Biblioteca que este ano "biques en galego" e te animes a participar.
Debes escribir unha carta ou unha declaración de amor en lingua galega que pode ir dirixida a outras persoas, á natureza, a obxectos ou calquera cousa animada que nos guste tanto que sexa capaz de espertar en nós sentimientos de amor.
- Poderán redactarse en prosa ou en verso; a man, máquina ou ordenador e non deberán sobrepasar unha carilla de extensión
- Poderanse empregar todas aquelas técnicas que se desexe e cada participante poderá enviar un máximo de dúas cartas.

O prazo remata o día 10 de febreiro.
- Presentaranse preferiblemente en sobre pechado e tanto na Biblioteca coma na conserxería
- Terase en conta o grao de elaboración, a orixinalidade, o correcto uso do idioma e a calidade da lingua.
- A organización poderá desbotar aquelas mensaxes de carácter discriminatorio ou ofensivo
- Todas as cartas deberán ser inéditas.



Entrega de premios "Dimo en galego"

O 17 de Xaneiro fixemos a “oficial” entrega de premios aos gañadores do concurso “Dimo en galego”. Os premiados posaron cos seus deseños e recolleron os agasallos da man da nosa directora María Rodríguez. 
Parabéns




Agora xa podemos poñelos na lapela do abrigo ou onde queiramos. Non te quedes sen eles !



mércores, 15 de xaneiro de 2014

Gañadores "Dimo en Galego"

Os gañadores do 1º Concurso " Dimo en galego" foron:

1º Premio: Sabela Quintillán 3ºA
2º Premio: Victor Manuel Vallejo 4ºC

cos seguintes traballos:




Moitas grazas a todas as persoas que partecipastes  e en especial aos profesores do departamento de Educación Plástica e Visual que incentivaron a participación e a creación.
Deixámosvos unha pequena presentación cunha selección doutros traballos a concurso.


mércores, 8 de xaneiro de 2014

Comezando o ano "A piques de estoupar"

Comezamos o novo ano coas mesmas ganas que rematamos o 2013. Hai moitas cousas que mellorar, que denunciar antes de que nos estoupe nas mans. Este tema do grupo Som do Galpom é proba diso e ademais cárganos de enerxía. Desfrutádeo!!!
Som do Galpom entrou na escea musical no 2008 gañando numerosos concursos como Nsaio no Camiño , Gz Crea e o Foundation Reggae Festival o cal levounos a grabar o seu primeiro disco "Em Terra de Ninguem" co que estiveron de xira por todo o país, Portugal, Alemaña,Cataluña e o País Basco.
Agora a sua nova formación presenta novo traballo "Galinha de Troia", unha mestura de funk, rap e folk que non vai deixar a ninguén indiferente.