A
ONG "Shanga India" con sede en Cangas de Morrazo, leva
adiante o desenvolvemento e financiamento da escola María Soliña en
Pubai-Orissa (India). Este proxecto permite a formación e
alimentación de nenas e nenos dunha rexión aillada e pobre que sen
axuda non tería futuro. "Shanga", que significa amigo,
pretende acadar a totalidade do ensino oficial básico que na
India comprende 10 cursos, escolarizando a 500 nenos e nenas. Podes
obter máis información na súa páxina web www.shangaindia.org
mércores, 11 de decembro de 2013
luns, 9 de decembro de 2013
A biblioteca recomenda para o NADAL:
xoves, 5 de decembro de 2013
Recitamos a Rosalía
Está rematando este ano
2013 e aínda que seguiremos lendo e desfrutando á nosa poeta máis
universal, alumnas de 1º ESO B decidiron facer a súa particular
homenaxe interpretando "Adiós ríos, adiós fontes". Parabéns a: Mame Diarra
Faye Ba, Maena Fernández, Andrea Ferreiro, Sabela Fontecoba, Uxía
Tilve e Iria Filgueira.
Recitamos a Rosalía from ENDL Poio on Vimeo.
sábado, 23 de novembro de 2013
xoves, 7 de novembro de 2013
I CONCURSO "DIMO EN GALEGO"
Comezamos este mes de novembro buscando futuros deseñadores para crear a nosa 1ª campaña de Fomento do uso da Lingua Galega e queremos atopar "o slogan". Por iso convocamos este concurso de ideas entre o noso alumnado porque queremos que nolo digan en galego.
BASES
DO I CONCURSO “DIMO EN GALEGO”
OBXECTIVOS
- Normalizar e fomentar o uso da lingua galega entre a mocidade
- Tomar conciencia da importancia de ter unha lingua propia que debe ser preservada.
- Potenciar o uso do galego dun xeito lúdico e creativo
QUE
É?
Con
este certame pretendemos atopar UN SLOGAN ACOMPAÑADO DUNHA IMAXE OU DEBUXO que contribúa a enorgullecernos da nosa lingua e a
nosa cultura e axudar a aumentar o uso da lingua galega, sobre todo
entre a xente moza.
DESTINATARIOS
Alumnos
e alumnas do IES de Poio
BASES
- Cada participante pode presentar un máximo de 3 traballos
- Poden empregarse calquera soporte e materiais
- Os traballos deberán ser orixinais e inéditos
- Non poderán aparecer datos persoais do autor no traballo que se entregue. Os datos deberán ir nun documento a parte.
- O formato de presentación deberá ser preferentemente dixital aínda que tamén serán aceptados traballos en papel ou cartolina
- Entre os criterios a valorar polo xurado están: a orixinalidade, a calidade creativa, o deseño, o correcto uso da lingua...
- O traballo gañador será empregado para a confección de chapas, camisolas, marcapáxinas que serán repartidos nos centros de ensino do concello de Poio.
- Todos os traballos presentados expoñeranse no IES de Poio e tamén na paxina web do centro
PRAZO
E PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS
- O prazo de presentación dos traballos REMATA O DÍA 13 DE DECEMBRO
- Os traballos poderán enviarse nun arquivo ao correo: titoria2c@gmail.com ou ben entregarse en sobre pechado na conserxería do centro. Ademais, nun documento adxunto ou nun sobre a parte deberá figurar o nome do autor e curso en que está matriculado
PREMIOS
Os
traballos premiados daranse a coñecer o día 20 DE DECEMBRO de
2013 e recibirán como agasallos:
1º
PREMIO: Videoconsola portátil PSP de Sony
2º
PREMIO: un MP4
O
XURADO
- O xurado estará composto por varios membros do ENDL e un representante do Concello de Poio.
- A decisión do xurado será pública e inapelable
- O xurado poderá declarar o concurso deserto
A
PARTICIPACIÓN NESTE CERTAME IMPLICA A ACEPTACIÓN DESTAS BASES
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)