Este luns desde Radio Patio quixemos homenaxear a todas as mulleres que cada día loitan por conseguir un mundo máis xusto e en igualdade, para seren recoñecidas e non seren acosadas nin menosprezadas.
Queremos tamén con este programa lembrar a todas aquelas mulleres que co seu traballo e tesón cambiaron o rumbo da historia e fixeron un mundo mellor.
Deixámosvos neste podcast o programa emitido o luns 9 de marzo.
O grupo de teatro de títeres do IES de Poio, formado por alumnos e alumnas de 4º de ESO, representaron dúas obras xa clásicas do seu repertorio para un público moi especial. Setenta e cinco alumnos/as do ciclo de Infantil do CEIP Isidora Riestra pasárono en grande vendo as alegrías e as desgrazas dos personaxes e por suposto axudaron a que todos tiveran un final feliz. A continuación deixámosvos un anaco da función.
Ata
o vindeiro 14 de abril está aberto o prazo para a recepción de
traballos. O premio, impulsado e auspiciado por D. Xaime Illa Couto,
acada este ano a súa XXIII edición.
O
xurado -formado polos representantes das asociacións culturalis que
integran o Consello Municipal de Cultura- reunirase o martes 5 de
maio para fallar os premios.
As
categorías, modalidades e premios serán as mesmas que nas
anteriores edicións. Lembramos que fai dúas edicións se ampliara a
categoría F para abrir o concurso á participación de persoas de
todas as idades, coa intención de dar un novo pulo na potenciación
da produción literaria na nosa lingua.
O
acto de entrega de premios, como é costume, terá lugar o 17 de maio
no Centro Cultural Xaime Illa Couto, no transcurso dos actos
organizados pola Concellaría de Cultura e pola Sociedade Cultural e
Deportiva Raxó.
Deixamos nesta ligazón as bases que rexen este certame.
Aínda que chovese non puidemos faltar ao Entroido. Botamos man dos disfraces, das pinturas, da purpurina....... Abrimos os caixóns agochados nos faiados e, sobre todo, démoslle voltas á cabeza procurando o mellor disfrace. Aquí van algunhas mostras!!!!!
Linguadenamoraré un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega
dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos, organizado pola Dirección Xeral
de Xuventude e Voluntariado e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O obxectivo principal é
dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade nas súas relacións persoais e
nas novas tecnoloxías, nomeadamente en internet e na mensaxería instantánea.
Para participar no concurso, só
tes que premer no botón "Envía as túas mensaxes" e cubrir o
formulario. Ademais da mensaxe ou mensaxes, cómpre indicar os datos persoais e
de contacto.
Podes
ver as bases do concurso clicando nesta ligazón
Durante
15 días a exposición "Bravú XX. Tanta paixón quen poderá
detela!”, cedida polo Servizo de Normalización Lingüística de Pontevedra, estará no noso instituto
para achegar ao alumnado este movemento musical e cultural que revitalizou a
cultura galega nos anos 90 e do que saíron gran cantidade de bandas, músicos e
artistas hoxe memoria viva da música galega.
"A noite Santos de 1994, nunha taberna de Viana,
Chantada, naceu o bravú. Unha etiqueta creada polos propios músicos que serviu
para bautizar o rock cantado en galego, magma vizoso que entón estaba a agromar
por todo o país. Vinte anos despois cómpre lembrar o comezo desta aventura.
Unha referencia cultural e unha proposta de traballo colectivo que as persoas
máis novas teñen dereito a coñecer.
O bravú comezou sendo guitarra e distorsión, mais axiña
estendeu o seu berro de vida por outros camiños. Nesta exposición queremos
recoller ese proxecto de axitación xeral, alicercedunha tradición, e tamén
impulso creativo para os novos tempos.
Como pregoábamos entón, vinte anos despois: tanta paixón
quen poderá detela!"
Dentro dos encontros con escritores que imos ter ao
longo do ano, o primeiro convidado foi MARCOS CALVEIRO. Esta
actividade, organizada conxuntamente coa Biblioteca, pretende establecer
un diálogo entre autor e lectores e afondar nas obras lidas previamente polo
alumnado, neste caso: “O pintor do sombreiro de malvas”, “Palabras
de Auga” e “Todos somos”.
Alumnos e alumnas de 2º de ESO e 3º ESO puideron adentrarse no mundo persoal e literario deste autor e ver resoltas algunhas cuestións e dúbidas.
Algo máis dunha hora interesantísima que nos serviu
para coñecer mellor o oficio de escribir.