Meu estimado compatriota,
Non teño ningún documento, nin tan siquera unha partida de nascimento para
acreditar a miña calidade de pontevedrés; pero se non fun consultado antes de
nascer, sábese ben que des-pois de ter nascido escollín a Pontevedra para vivir
e morrer, e se tal programa non chega a complirse non será certamente por culpa
miña. Non son, pois, un pontevedrés de partida de nascimento, que ás veces esto
é entrar pola porta falsa; eu son pontevedrés pola miña propia vontade e pola
identificación coas terras e xentes de Pontevedra.
(...)
Así comezaba a carta que Alfonso Daniel Castelao lle envía ao Presidente do Centro Pontevedrés de
Bos Aires o 31 de marzo de 1947 e demóstranos o fondo sentimento de pertenza do escritor de Rianxo á cidade do Lérez.
Alumnos de 4º ESO percorreron as rúas da parte histórica da cidade, as prazas, o museo, o teatro Principal, Santa María imaxinando aqueles anos do escritor e a súa intensa actividade artística e política.
Máis información nesta ligazón
Ningún comentario:
Publicar un comentario