Non é habitual irmos ao cine durante as clases pero esta semana tivemos a sorte de poder ver nun pase matinal nos cines de Pontevedra o filme de Ignacio Vilar, A Esmorga, e que está a dar moito que falar.
A adaptación cinematográfica da novela de
Blanco Amor protagonizada por Karra Elejalde,
Miguel de
Lira e Antonio Durán
"Morris" segue emocionando aos espectadores galegos e
cumpre xa a súa oitava semana na carteleira das principais cidades galegas,
un dato histórico e impensable fai tan só uns meses para unha producción
independente en V.O. en galego . Máis de 40.000 espectadores xa viron a fita en
Galicia, e agora inicia o salto fóra coa estrea en Madrid para o mes de marzo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario