Non nos botou para atrás que o tempo ameazase chuvia e outro ano máis fixemos a nosa tradicional festa outonal. O pequeno soutiño do instituto, que cada ano vai medrando máis, deunos a materia prima.
Puxémonos a asar as castañas e aínda nos afumamos algo.
Como vén sendo costume, tamén puidemos divertirnos cos xogos populares que coordinaron os alumnos do ciclo de Actividades deportivas no Medio Natural.
A Chave, o pano, a corda, a goma ou os zancos foron algúns dos xogos que por dúas horas fixeron que cambiaramos a rutina do martes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario