Durante
15 días a exposición "Bravú XX. Tanta paixón quen poderá
detela!”, cedida polo Servizo de Normalización Lingüística de Pontevedra, estará no noso instituto
para achegar ao alumnado este movemento musical e cultural que revitalizou a
cultura galega nos anos 90 e do que saíron gran cantidade de bandas, músicos e
artistas hoxe memoria viva da música galega.
"A noite Santos de 1994, nunha taberna de Viana,
Chantada, naceu o bravú. Unha etiqueta creada polos propios músicos que serviu
para bautizar o rock cantado en galego, magma vizoso que entón estaba a agromar
por todo o país. Vinte anos despois cómpre lembrar o comezo desta aventura.
Unha referencia cultural e unha proposta de traballo colectivo que as persoas
máis novas teñen dereito a coñecer.
O bravú comezou sendo guitarra e distorsión, mais axiña
estendeu o seu berro de vida por outros camiños. Nesta exposición queremos
recoller ese proxecto de axitación xeral, alicercedunha tradición, e tamén
impulso creativo para os novos tempos.
Como pregoábamos entón, vinte anos despois: tanta paixón
quen poderá detela!"
Se queredes saber máis clicade nesta ligazón
Ningún comentario:
Publicar un comentario