Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega
dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos, organizado pola Dirección Xeral
de Xuventude e Voluntariado e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O obxectivo principal é
dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade nas súas relacións persoais e
nas novas tecnoloxías, nomeadamente en internet e na mensaxería instantánea.
Para participar no concurso, só
tes que premer no botón "Envía as túas mensaxes" e cubrir o
formulario. Ademais da mensaxe ou mensaxes, cómpre indicar os datos persoais e
de contacto.
Podes
ver as bases do concurso clicando nesta ligazón
Ningún comentario:
Publicar un comentario