Hoxe tivemos un encontro
coa flamante gañadora do Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil en 2015, Ledicia Costas e veunos a falar do libro co que conseguiu este
galardón: Escarlatina, a cociñeira defunta.
A autora leva no mundo literario dende hai máis de quince anos e aínda
que publicou moito para o público infantil e xuvenil tamén posúe libros de
literatura para adultos e de poesía.
Tamén lles adiantou algo da “precuela” que acaba de saír do prelo: Esmeraldina, a pequena defunta, onde nos narra a vida anterior da protagonista Escarlatina antes de viaxar ao Inframundo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario