Este sábado tivo lugar a fase
local do Club de Debate que se desenvolveu no Salón de Actos do Pazo da Cultura
de Pontevedra. Unha maratoniana xornada onde máis de sesenta alumnos e alumnas
de sete institutos da bisbarra deron o mellor de si para defender a súa
postura.
Concentrados antes de saír |
Durante o 1º debate |
O título deste ano: “Ser muller
é vivir en desigualdade” serviu para pór sobre a mesa todas as cuestións que
arrodean este tema: a construción social dos xéneros, a violencia machista, os
roles, o sistema económico e toda unha serie de condicionantes que fan que aínda
quede lonxe a igualdade.
O Club
de Debate ten entre os seus obxectivos fomentar
o uso da lingua galega, mellorar as habilidades comunicativas do
alumnado, así como o espírito de grupo e o traballo en equipo.
Daniel durante unha interpelación |
Antía nas últimas conclusións |
Repoñendo forzas antes da 2ª intervención |
Parabéns aos alumnos e
alumnas participantes e á profesora Montse Bragado que se prepararon a
conciencia e deixaron pegada en cada un dos
debates.
Noraboa a Antía Otero,
Daniel Quintillán, Alba Rosales, Paula Andrés, Laura Freijo, Tania Grande, Luís
Quintela, Noemí Sartal, Gabriel Rea e Diego Piñeiro polo seu cuarto posto e
meritoria participación.
Club debate from ENDL Poio on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario