Se o ano pasado foi A Esmorga, nesta ocasión tivemos a sorte de recibir
no centro a Alfonso Zarauza, director entre outros dos filmes: “A noite que
deixou de chover”, “Os Fenomenos” ou de “Encallados”. Precisamente foi este último
o que visionaron os alumnos de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato que tiveron a
oportunidade de intercambiar impresións co director e tamén preguntarlle todo
tipo de dúbidas e curiosidades sobre o cinema galego, o proceso de creación ou
mesmo sobre gustos cinematográficos.
Alfonso Zarauza |
Alumnado durante o encontro |
Encallados é unha longametraxe de 65 min, rodada en 16mm en branco e
negro e que recrea as vivencias dun grupo de amigos em Compostela que tentan
levar a cabo unha película co naufraxio do Prestige como fondo argumental. Unha
comedia sobre o cine dende dentro, chea de autocrítica, humor e melancolia. O
director fálanos do difícil que é levar adiante un proxecto e tamén que remate
por chegar aos espectadores.
Dende que rematou o filme, Encallados percorreu os teatros e auditorios de
toda Galicia así como de centros culturais e asociacións para darlle
visibilidade. Tamén conseguiu nos premios Mestre Mateo tres galardóns: mellor fotografia,
mellor montaxe e mellor Película para Tv.
Encallados from Fernando Alfonsin on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario