Coa xornada de formación
arrinca o Club de Debate, cuxa fase local se desenvolverá o vindeiro 20 de
Febreiro no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra.
Dez alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato do noso instituto participan xunto a outros 60 estudantes de sete centros de ensino na
primeira fase desta edición, que terá en Carballo no mes de abril o seu punto
final.
Na xornada de formación traballáronse diferentes aspectos en
habilidades comunicativas (linguaxe verbal e non verbal, voz e entoación),
deixar atrás medos e complexos e facer uso de todas as súas calidades e
recursos para desenvolver calquera tema nun tempo limitado.
Esta actividade está
promovida polos Servizos de Normalización Lingüística de diferentes
concellos galegos (Pontevedra, Carballo, Rois, Santiago, Teo, O Carballiño, Ames
e Negreira) quere ser un punto de encontro para a xente nova, unha
oportunidade para coñecer a súa opinión sobre determinados asuntos e
desmitificar a imaxe dunha mocidade pasiva e pouco implicada nos problemas da
sociedade.
Defender ideas con
palabras é unha forma de pór en valor as habilidades sociais tan necesarias hoxe
en día e potenciar a nosa lingua como ferramenta indispensable para defender as
nosas ideas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario