Un novo ano, alumnado de 2º de Bacharelato que cursa a
materia de Ética e Filosofía do Dereito, asistiu o pasado martes á Sala Segunda
da Audiencia de Pontevedra para presenciar un xuízo.
Nesta ocasión tratábase dun xuízo por lesións e outro
contra a saúde pública.
Esta actividade que realiza o departamento
de Filosofía e na que colaboramos xunto co Gabinete de Normalización
Lingüística da Audiencia Provincial, serve para achegar e dar a coñecer o
funcionamento da xustiza e o uso que da lingua galega se fai neste ámbito, que
segundo o informe do Consello de
Europa cómpre dunha maior presenza.
A este respecto o xuíz Xose Xoan Barreiro
entende que se foron dando pasos neste sentido, apesar de que aínda resta moito
camiño por andar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario