Este
Mércores, 25 de novembro, na Sala Capitol de Santiago de Compostela terá lugar o LGx15, un proxecto de difusión de ideas para o futuro
da lingua que comeza cun evento de charlas e exposición de argumentos e experiencias que poden influír
nas actitudes e conciencia lingüística e no futuro do galego.
Intervirán diversas
persoas para transmitir dun xeito breve
e claro, a través de charlas dun máximo de 15 minutos, ideas e reflexi´ns
que poden e queren influír no uso e prestixio do galego o unas actitudes e
comportamentos lingüísticos.
Entre outros participarán no LGx15: Luís
Iglesia, actor e dobrador; Xurxo Mariño, neurocientífico que lle dá voltas á
relación entre cerebro, mente e lingua; Manuel Nuñez Singala, sociolingüista e escritor ou Xosé Lois Vilar, vendedor de froita nas feiras e apaixonado da lingua e do patrimonio.
Tamén
haberá música
e humor,
o que o fará do LGx15 un acto festivo e divertido. María Lado e Lucía Aldao
conducirán o evento no que actuarán a amante das palabras e melodías, Alba
María, e Xenderal co reggae e beatbox.
As entradas están xa á venda
en http://lgx15.gal/#entradas
Máis información sobre este
evento, que organiza a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización
da Lingua, en http://lgx15.gal/
Ningún comentario:
Publicar un comentario