O ano pasado falabamos da agardada estrea de "A Esmorga" que durante meses estivo nos cines galegos con grande éxito de público. Un filme 100% en galego e que esta semana pasada vén de recoller tres galardóns no festival de
cinema de Toulouse: ao mellor
director, ao mellor actor ex aquo para “Morrís”, Karra
Elejalde e Miguel de Lira e o premio á mellor fotografía.
Hai dúas semanas outro filme gravado na nosa terra e na súa meirande parte en galego acaba de estrearse nas salas de toda España, falamos da Praia dos Afogados; adaptación da exitosa novela homónima de Domingo Villar.
Sinopse: Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata a costa. Se non tivese as mans atadas ás costas, Xusto Castelo sería outro dos fillos do mar que atopou a morte entre as augas mentres faenaba. Sen testemuñas nin pistas da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergullarase no ambiente mariñeiro da vila, tratando de poñer en claro o crime.
Co difícil e caro que é facer cine nestes tempos é encomiable a aposta decidida por historias que forman parte xa do noso universo literario e que ademais sexa en galego a súa banda sonora.
O filme, un drama de suspense, está dirixido por Gerardo Herrero e no que o escritor Domingo Villar tamén asina o guión. Se pinchas aquí podes ler a entrevista que con motivo da rodaxe da fita lle fixeron dende Sermos ao director.
Deixámosvos o trailer e convidámosvos a encher as salas.
A Praia Dos Afogados - TRAILER galego from Tornasol Films on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario