Dentro da
programación de Ponteatro por onde pasaron e pasarán diversas
compañías teatrais galegas como Voadora, Teatro do Morcego ou
Teatro do Atlántico. Onte foi o turno de Mofa e Befa, que dende
algún tempo nas súas montaxes colaboran co actor e director Quico
Cadaval.
Alumnos e a alumnas de 4º de ESO foron ver e desfrutar a súa última montaxe, de grande éxito de crítica e público e que foi coproducida polo festival clásico de Almagro.
Bobas & Galegas
é un percorrido gozoso polos argumentos, ocupacións, preocupacións
e industrias dos criados do século de Ouro, clase social que, de
todos os traballadores manuais, foi a que contemplou dende máis
cerca o poder, o seu ouropel, a súa erótica e a súa vaidade.
Aproveitando o seu acento, fanse pasar por
criados galegos e desgástanse cínicamente en xenuflexións e
reverencias para gañarse a simpatía do público. No cárcere
adquiriron unha enfermidade de transmisión textual que lles obriga a
falar en verso. Tanto lles da a redondilla como o romance. Cales son as súas
armas? Dous fouces de segador que cortan por igual os trigos e os
tópicos. Poden transformarse, para lograr os seus fins, en anxos ou
demos, cabaleiros ou bufóns, bobas ou galegas.
Mofa & Befa é
un comando de comedia contemporánea que comprobou as súas armas nos
máis hostís campos de batalla como bares, universidades, festivais
vascos e/ou de teatro clásico, resultando sempre con simples
rabuñaduras ou feridas leves.
Ningún comentario:
Publicar un comentario