A bisbarra do Salnés foi berce
de grandes escritores e por este motivo achegámonos a Vilanova de Arousa e a
Cambados para percorrer a vida e obra de dúas importantes figuras da literatura
galega e castelá: Ramón Cabanillas e Ramón Mª del Valle Inclán.
|
Monumento a Valle Inclán en Vilanova de Arousa |
Os departamentos de Lingua e
Literatura Galega e Castelá deseñaron esta actividade para o alumnado de 4º de
ESO e así fixemos um roteiro polos lugares máis importantes da biografia valleinclanesca:
a casa museo do autor, encadrada no fermoso Pazo do Cuadrante; a casa do
Cantillo onde naceu ou a igrexa da Pastoriza.
|
Casa do Cuadrante |
|
Casa do Cuadrante |
Despois dirixímonos á vila
de Cambados e dende a Praza de Fefiñáns
continuamos o percurso ata a casa natal de Cabanillas; unha humilde construción
de estilo mariñeiro que alberga algúns documentos, discursos, fotos e primeiras
edicións das obras do tamén chamado Poeta da Raza.
|
Casa natal de Ramón Cabanillas |
Tamén a capital do albariño
foi testemuña da vida de Valle Inclán e visitamos a que foi a súa casa na rúa Real
para despois continuarmos camiño ata as fermosísimas ruínas de Santa Mariña, camiño do miradoiro da Pastora, inmortalizado
no poema do cambadés “As tardes na Pastora”.
|
Igrexa de Santa Mariña |
Ningún comentario:
Publicar un comentario