Son moitas as horas
que ao longo da nosa vida adicamos a comer e moitas máis a preparar
eses alimentos que levamos á boca.
Come a lingua é un
proxecto, coordinado polas profesoras Marta Taboada e Montse López,
onde intercambiar saberes e información coa cociña como nexo común
e tamén onde moitos pais e nais axudaron e se implicaron na
realización dalgunhas destas receitas.
Este receitario de
sobremesas é unha mostra do traballo realizado e degustado ao longo
destes meses e que queriamos compartir coa esperanza de que sirva
para realizardes algunha destas propostas.
Se queres podes
descargalo AQUÍ
Bo apetito
Ningún comentario:
Publicar un comentario