O
pasado venres 15 de maio xuntámonos en Caldas de Reis máis de 200 alumnos de diferentes centros da provincia ( IES de
Poio, Vilalonga, Sanxenxo e San Paio de Tui) dentro do proxecto "Poesía
en clave dixital".
No encontro non faltaron a música nin os obradoiros, impartidos polas poetas Rosalía Fernández Rial e Susana
Sánchez Aríns, que exerceu de madriña do acto. A guitarra de Sergio
Trillo e a arpista Clara
Pino completaron os actos dese día.
Tras
o almorzo na Carballeira, realizamos un percorrido pola beira do
río Umia e a zona vella de Caldas. Iniciamos as actividades da tarde
coa interpretación de "Adiós ríos, adiós fontes".
Os alumnos fixeron fotos do río para a creación de "Poemas
visuais do Umia" e por último tamén se homenaxeou a Ramón Pérez de Ayala,
que escribiu a súa novela "AMDG" durante a súa estancia
no balneario de Caldas de Reis, coa lectura dun poema extraído desta
obra.
O percorrido continuou pola zona vella da vila, ofrecendo versos e poemas aos viandantes e distribuíndo "publicidade poética" polos parabrisas dos coches. No remate, xa de volta á Carballeira, houbo un momento para a lectura dos poemas realizados polo alumnado no concurso de "Parodias musicais".

Aquí podes ver a noticia publicada nalgúns medios de comunicación
Ningún comentario:
Publicar un comentario