Outro ano máis os nosos alumnos puideron achegarse ao portugués, a nosa irmá do sur. Con este obradoiro constataron a vantaxe que como falantes de galego temos para a comprensión e a expresión da lingua portuguesa e tamén por outro lado, serviu para poñer fin a certos prexuízos existentes.
Como falantes galegos o coñecemento do portugués contribúe a mellorar a competencia lingüística na nosa lingua ademais de ampliar considerablemente os nosos horizontes.
O acordo asinado o
pasado febreiro entre os gobernos galego e portugués en materia
lingüística pretende promover o coñecemento da nosa lingua irmá e
por este motivo introducirase como lingua optativa a partir do
vindeiro curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario