Vén un mes cargado de actividades e talleres e aínda que a nosa intención era ilos facendo de a pouco a realidade quixo que abril se transformase no mes dos obradoiros.
Hoxe o turno foi para Xosé Tomás; ilustrador e debuxante, ademais de profesor de ensino secundario, que realizou un obradoiro en banda deseñada con alumnos de 2º de ESO e do Clube de Lectura de Cómic que coordina a profesora Montse Bragado.
A súa obra sitúase na
ilustración infantil e xuvenil, con títulos como O caderno azul (Xerais, Vigo),
El niño que tenía miedo de los robots / El robot que tenía miedo de los niños
(Edebé, Barcelona) María é Maior (Baía, A Coruña), O pirata Metepata (Baía, A
Coruña), Sabeliña e os ratos (Galaxia, Vigo) e outros moitos...
Tamén é autor da novela gráfica Nómades (Galaxia), artellada sobre breves pero reveladores
episodios que teñen como fío condutor a emigración e como protagonistas a
mulleres de diferentes idades e condicións.
Ademais fai humor gráfico para as revistas Tempos Novos e a Revista Galega
de Educación. Traballa igualmente o cartelismo didáctico, e estende o seu labor
ao mundo dos materiais multimedia. Imparte con regularidade talleres de
ilustración e cómic en centros de ensino e colabora na formación dos docentes nos
usos didácticos do cómic e a ilustración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario