O ENDL do IES de Poio comeza o curso animando a todas aquelas persoas que lles guste a fotografía ou simplemente teñen algo que contar cunha imaxe a participar neste concurso fotográfico " Fotografía o teu lugar".
Os traballos seleccionados empregaranse para ilustrar o calendario 2015 que promove o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.
BASES
- Poderán participar todos os alumnos do IES de Poio
- Cada participante pode presentar
un máximo de 3 fotografías en formato dixital.
- Poderanse empregar para a
realización das fotografías tanto cámaras dixitais coma teléfonos móbiles ou
tablets.
- Os traballos deberán ser
orixinais e inéditos
- Non poderán aparecer datos
persoais do autor no traballo que se entregue. Os datos deberán ir nun arquivo
adxunto.
- Entre os criterios a valorar
polo xurado están: a orixinalidade, a calidade artística, a mensaxe que se quere transmitir.
PRAZO E PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS
- O prazo de presentación dos
traballos REMATA O DÍA 20 DE NOVEMBRO
- Os traballos enviaranse por
correo electrónico nun arquivo ao enderezo: titoria2c@gmail.com
- Ademais, nun documento adxunto
deberá figurar o nome do autor e curso en que está matriculado
1º PREMIO: Cámara Dixital
Ningún comentario:
Publicar un comentario