Despois de varios anos de silencio, sae un novo número da revista Trahamunda, para contar todo
aquilo que se fixo no noso instituto durante este curso que agora chega ao seu fin.
Agardamos que a desfrutedes e que poidamos darlle continuidade o vindeiro curso.
Non queremos desaproveitar a ocasión para agradecer a todas aquelas persoas que colaboraron nas actividades programadas polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística este ano, especialmente ao profesor Carlos Nuñez que mantén viva a voz de Radio Patio.
Tamén agradecer as colaboracións de todos e todas que fixeron posible a edición desta nova Trahamunda e, sobre todo, ao profesor Paco Recamán pola súa inestimable axuda no deseño e na maquetación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario