Cremos que os medios de comunicación non son conscientes das repercusións e
dos efectos que teñen na sociedade que eles publiquen ou non novas en galego. E
non só falamos de novas de temas xerais: internacional, deportes... tamén
parece que perciben pasividade social cando publican, traducidas ao castelán,
novas sobre notas de prensa redactadas en galego, declaracións de persoas
feitas en galego ou novas sobre o uso do galego na sociedade.
A ocultación sistemática do galego nos medios de comunicación é unha
práctica xeral e desafortunadamente existen moitos exemplos que poñen de
manifesto este problema. O último exemplo é a Campaña Proba en Galego que o servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra está a poñer en marcha e
onde algún medios de comunicación déronlle difusión traducindo a nova en
castelán, cando loxicamente toda a documentación achegada fora facilitada en
galego.
Debemos esixir unha maior
visibilización do uso do galego nos medios e atallar estas prácticas aínda moi
estendidas.
Súmate á campaña "Como cho Digo, pola
visibilización do galego na comunicación"
Podes vela neste enderezo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario