O
Equipo de Normalización Lingüística e a Biblioteca do IES de Poio
vai sumarse á iniciativa arredor da escritora galega Rosalía de
Castro que a Asociaciónde Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) celebrará
o vindeiro 24 de febreiro, aniversario do nacemento da poeta.
Esta
acción colectiva en torno á figura da nosa poeta máis universal e
que xorde co nome graffitiRosalía
busca
"visibilizar os seus versos en espazos públicos e
comunitarios".
"Rosalía
de Castro é unha fenda.
Unha
ferida aberta nas conciencias.
A
voz que sempre nos asombra.
Querémola
viva,
sabémola
ceiba.
Querémola
pola rúa,
nos
barrios e nos arrabaldes,
nas
aldeas e nas prazas,
nas
fachadas brancas dos edificios.
Queremos
que os seus versos nos invadan,
fender
con eles o mutismo das paredes.
Para
que a súa voz ilumine os muros.
Alta
e clara como murmurio e como berro.
Por
iso, convidámosvos a participar en graffitiRosalía".
Se queres saber máis desta iniciativa podes clicar aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario