O 21 de Febreiro celébrase en todo o mundo o Día da lingua materna para concienciar da importancia da preservación das diferentes identidades culturais e lingüísticas que conforman o noso planeta.
A lingua materna é a primeira adquirida polo ser humano coa persoa que teña contacto na etapa inicial da vida e neste día quérese fomentar o ensino e a educación en lingua materna.
Desde
que o ser humano empezou a falar, unhas 30.000
linguas desapareceron.
Crese que se non se fai nada, a metade dos 6000 idiomas falados
actualmente desaparecerán a finais deste século. Só cada ano desaparecen 10
idiomas.
Son moitos os idiomas da nosa contorna que cada día o teñen máis difícil para subsistir e os datos recollidos sobre o galego non son esperanzadores xa que a transmisión lingüística vía materna-paterna decreceu considerablemente nos últimos anos.
Alumnas de 2º de ESO deron lectura ao manifesto en defensa da lingua materna e tamén en Radio patio deuse lectura da mensaxe da directora xeral da Unesco, Irina Bokova, con motivo deste día.
Se queres ler o manifesto pincha aquí.
Radio Patio no Día Internacional da Lingua Materna
Ningún comentario:
Publicar un comentario