O venres 21 os alumnos de 3º ESO asistiron á representación da compañía Catrocadeiras que puñan en escea a súa primeira montaxe titulada O FEO, do dramaturgo alemán Marius Von Mayenburg.
Unha comedia cargada de mensaxe e máis nos tempos que corren onde rendemos pleitesía a todo o que ten que ver coa imaxe.
Ao final da obra, tanto os actores como o director conversaron co público e comentaron algunhas claves de como traballaron o texto, os personaxes ou a posta en escea.
O elenco desta montaxe está formado por: Machi Salgado, Laura Campos, Manuel Polo e Xoán Abreu e está dirixida por Juan Carlos Corredoira.
Lette considérase unha persoa normal. Traballa duro como enxeñeiro e goza dun matrimonio apacible, sen sobresaltos. Mais un día descobre unha terrible verdade: é espantosamente feo.
Realmente foi unha proposta interesante e fresca dentro do panorama teatral galego á que lle desexamos moito éxito e un longo percorrido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario