O pasado 7 de Novembro o tempo deunos unha mínima tregua e poidemos festexar a nosa tradicional festa do Magosto.
A palabra magosto designa a propia fogueira na que se asan as castañas e era unha festa de orixe pagá, relacionada coa fecundidade e o folclore do lume que marca o paso dos ciclos agrícolas, a modo de simbolismo de peche do ciclo solar. Como aconteceu con outras festividades pagás, terminou sendo cristianizada asociándoa ós Santos e Defuntos ou a San Martiño.
Aínda que é tamén costume aproveitar esta data para probar o viño novo, nós preferimos adicarnos a xogar e a divertirnos con xogos antigamente moi populares pero que ultimamente temos algo esquecidos como: a corda, o pano, a petanca, carreiras de sacos ou os birlos.
Como se pode comprobar pasámolo en grande e como aínda estamos en tempo e o San Martiño está aí, que non falten CASTAÑAS.
Acabáronse as vendimas
e veñen as esfolladas,
para comer coas mozas
catro castañas asadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario