Grazas á colaboración co SNL do Concello de Pontevedra, chéganos esta actividade que pretende dinamizar o uso da lingua a través do xogo e do traballo en equipo.
A través dunha proposta en escena teatral e con formato de gran feirón, propónselles aos participantes unha serie de retos que van ter que superar de maneira rotatoria e cooperativa.
As probas desta xincana buscan achegar contidos culturais relacionados coa lingua e a cultura galega dunha maneira participativa, lúdica e potenciando aspectos orais.
Os alumnos de 1º de ESO que participaron tiveron que realizar unha serie de probas que ían dende os xéneros literarios:teatro, narrativa e poesía e a creatividade literaria; as Letras Galegas e Manuel María ata o patrimonio cultural inmaterial: a música, tradición e literatura oral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario