Esta fin de semana terá lugar na cidade do Lérez o Culturgal, e dentro da súa programación un dos seus pratos fortes será Caxade; o novo proxecto
persoal de Alonso Caxade. Algo que non vos podedes perder. Indie-folk cun arrecendo a música minimalista e a
sons bucólico-pastorís da vella Europa.
Caxade, que naceu no ano 2012 como un proxecto audiovisual
transgresor é hoxe unha realidade consolidada dentro do panorama musical galego.
Música elegante,
modesta e sinxela, surrealismo pós-modernista e discurso reivindicativo,
metafórico e irónico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario