Durante séculos os nosos antepasados crearon historias, cantigas ou lendas coa finalidade de entender o mundo, a vida e a morte. O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES de Poio quere dar a coñecer para os alumnos e as xentes do noso concello todas esas lenda e historias próximas.
Neste percorrido toparémonos con mouros, bruxas, trasnos e outros elementos relixiosos; así como muíños, castros, ermidas ou cruceiros que serven para manifestar as inquietudes e os xeitos de vida da nosa comunidade.
Redescrubrir o NOSO é o mellor xeito de preservar e poñer en valor a propia cultura , a próxima, e conservala ao longo do tempo.
Estamos aínda na fase de deseño do que será un primeiro roteiro cultural e natural por unha parte da parroquia de San Xoán de Poio e que realizaremos no vindeiro mes de xuño.
Unha boa maneira de coñecer paso a paso a nosa historia e lugares agochados, fóra das rutas marcadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario