Casualidade ou non, celebramos o Día Internacional do Teatro indo ver ao Pazo da Cultura de Pontevedra unha das obras gañadoras dos últimos Premios María Casares: As do Peixe.
Trátase dun texto de Cándido Pazó e dirixido por Cristina Domínguez baseado nos testemuños de ducias de mulleres que traballaron nalgunhas das conserveiras máis importantes do noso país e que hoxe están desaparecidas e con elas parte do noso patrimonio e pasado industrial.
A
montaxe mestura o presente coa memoria destas mulleres, fiando a
situación actual de descomposición do sistema con outra
descomposición, con outra caída de certezas propias desta industria
que para unha xeración de mulleres significou a entrada ao mundo
laboral. As do peixe fura, dende o presente, nese pasado moi próximo
e busca reflectir as circunstancias, non só das mulleres das
conversas, senón tamén e dalgún xeito, das mulleres traballadoras.
A obra divídese en “catro cadros” nos que as mulleres van
lembrando a súa vida nesta industria, aínda que no texto tamén se
coa os tempos ruíns dos nosos días. “Na
obra, constantemente volvemos ao pasado, pero a situación actual
está presente".
O que contan as personaxes dos seus tempos lembra moito "ao que está
sucedendo agora co traballo, coa descomposición do tecido
empresarial, laboral, social”.
Catro
traballadoras, catro intérpretes. Elas son Monica Camaño, Susana
Dans, Rocío González e, loxicamente, Casilda Alfaro, que levou a
cabo, xunto a Domínguez, o traballo de campo e as entrevistas. Elas
catro poñen cara e voz a toda un segmento de traballadoras da
historia de Galicia.
Alumnos de 2º ESO coa mascota do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
Na entrada do Pazo da Cultura
Ningún comentario:
Publicar un comentario