Achégase unha data sinalada como ideal para amosar os nosos sentimentos a aqueles que máis queremos. E nesta ocasión, por que non facelo en galego?
Por iso queremos desde o ENDL e a Biblioteca que este ano "biques en galego" e te animes a participar.
Debes escribir unha carta ou unha declaración
de amor en lingua galega que pode ir dirixida a outras persoas, á
natureza, a obxectos ou calquera cousa animada que nos guste tanto
que sexa capaz de espertar en nós sentimientos de amor.
- Poderán
redactarse en prosa ou en verso; a man, máquina ou ordenador e non deberán sobrepasar unha carilla de extensión
- Poderanse
empregar todas aquelas técnicas que se desexe e cada participante poderá enviar un máximo de dúas cartas.
O prazo remata o día 10 de febreiro.
- Presentaranse preferiblemente en sobre pechado e tanto na Biblioteca coma na conserxería
- Terase
en conta o grao de elaboración, a orixinalidade, o correcto uso do
idioma e a calidade da lingua.
- A organización poderá desbotar aquelas mensaxes de carácter
discriminatorio ou ofensivo
- Todas as cartas deberán ser inéditas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario